Fene ao día

Novas

  • 35 persoas participan nos obradoiros de formación e emprego do Concello de Fene

    O alcalde de Fene, Juventino Trigo e  Sandra Permuy -titular da área de Formación e Emprego- visitaron na mañá do venres  o curso de tubaxes metálicas que se imparte na nave de servizos de San Marcos para intercambiar impresións co alumnado sobre os contidos do propio curso e sobre as expectativas laborais que teñen os participantes para cando rematen.

  • Finalizan as obras da Rúa Travesa

    Nesta infraestrutura investíronse cerca de 30.000 euros. Non serán os únicos que vaian parar a esta zona próxima ao centro urbano de Fene, xa que en escasos días tamén se licitará a reparación da Rúa Alta, que conecta a Travesa co cruzamento de Tarrío.

  • A familia do poeta Xosemaría Pérez Parallé realiza unha importante doazón ao Concello de Fene

    A idea da familia e do actual equipo de goberno de Fene é que con este material se poida crear na biblioteca municipal Pérez Parallé de Fene  un recuncho para a lembranza do poeta.

Ver máis

Axenda