O Concello ofrece o servizo de renovación do DNI en colaboración coa Policía Nacional.
Procedemento para a solicitude de permisos de queima no concello de Fene.
O Concello dispón dun Punto de Información do Servicio Galego de Colocación no edificio de Formación e Emprego 'Pancho Allegue'.
No departamento de Xuventude do Concello de Fene pódese solicitar esta tarxeta europea que permite ó seu posuidor acceder a certos servizos e establecementos a un prezo máis axeitado.
A través do Punto de Información Catastral sito na oficina técnica municipal, a cidadanía pode acceder ao servizo de consulta libre e certificación electrónica de datos catastrais non protexidos e de cartografía dixital.
A través do Punto de Información Catastral sito na oficina técnica municipal, a cidadanía pode acceder ao servizo de consulta e certificación electrónica para os titulares catastrais de datos catastrais protexidos, relativo aos inmobles da súa titularidade.
A través do Punto de Información Catastral sito na oficina técnica municipal, a cidadanía pode acceder ao servizo de consulta e certificación negativa de bens inmobles ou da circunstancia de non figurar como titular catastral, relativa ao propio solicitante.
A inscrición das parellas é totalmente gratuíta, voluntaria e ten carácter constitutivo.
A constitución da parella de feito só se entenderá efectuada a partir da súa inscrición no Rexistro de Parellas de Feito de Galicia e os rexistros municipais deben comunicarlle as inscricións, as cancelacións e as modificacións, previo consentimento dos integrantes da parella.
Son obxecto de inscrición:
a) As declaracións de constitución, modificación e extinción das parellas de feito.
b) Os pactos que os membros da parella de feito consideren convenientes para rexer as súas relacións económicas durante a convivencia e para liquidalas tras a súa extinción, sempre que non sexan contrarios ás leis, limitativos da igualdade de dereitos que corresponden a cada convivente ou gravemente prexudiciais para cada un deles.
Aviso legal | Accesibilidade | RSS
Concello de Fene. Avda do Concello s/n. Teléfono 981 492 707
© Fene Cidadán 2006