16 de abril de 2010 A cita deportiva terá lugar no Pavillón da Xunqueira durante todo o sábado.
Vinte clubes de distintos puntos de Galicia participarán nun acto que contará con desfile e actuacións.
Así, tal e como explicaba a edil de Deportes, Carmen Silvar, “se o ano pasado contáramos coa presenza de 375 deportistas, o aumento en case o dobre de participantes ven a demostrar non só a importancia do evento deportivo, senón tamén a boa saúde da que goza este deporte que, no caso concreto do Concello de Fene, gaña cada vez máis adeptos e adeptas”.
A exhibición dará comezo ás 11:30 da mañá no Pavillón de San Valentín, onde poderanse ver as actuacións, tanto individuais como en grupo, de 300 alumnas. Esta xornada de mañá durará ata as 13:30.
Xa pola tarde, retomarase a actividade ás 16:30 para disfrutar das actuacións das 270 participantes restantes, que realizarán exhibicións ata as 19:30.
Será a partir das 20:00 cando se celebre a final e a posterior entrega de diplomas e agasallos, precedida do desfile das participantes.
No tocante aos clubes inscritos, formarán parte desta xornada deportiva 20 clubes de diferentes puntos de Galicia. Neste senso, cabe destacar que a Escola Municipal de Ximnasia Rítmica de Fene asistirá co maior número de alumnas da exhibición, un total de 65.
Aviso legal | Accesibilidade | RSS
Concello de Fene. Avda do Concello s/n. Teléfono 981 492 707
© Fene Cidadán 2006