Fene cidadán

Saltar menú

Concellería de Obras

Servizos inicia un programa de rebacheo en rúas de todas as parroquias fenesas

22 de marzo de 2010 A mellora da meteoroloxía espera permitir o inicio dos traballos a partir dest semana.

Os traballos de mellora do firme complementaranse co repintado de pasos de peóns e prazas de minusválidos.

A Concellería de Servizos, dirixida por Jose Antonio López, ven de poñer en marcha un programa de rebacheo en rúas das oito parroquias fenesas, que espera poder desenvolverse a partir desta semana.

Tal e como explicaba o edil socialista, hai unha serie de zonas do Concello nas que é moi necesario tapar os baches e mellorar o firme; houbo que esperar a que o tempo mellorara, e contamos que a meteoroloxía permita realizar os traballos.

A finais da pasada semana realizábanse xa as labores de limpeza nalgunha das rúas que van ser obxecto do rebacheo e asfaltado.

Os traballos seguirán dúas fases: a primeira dela foi contratada polo concello a unha empresa que se encargará das rúas que se atopan en peor estado. Na segunda etapa serán os operarios do concello os encargados do amaño das estradas que estean en mellor estado.

No tocante ao tempo estimado de execución destas obras, a primeira fase realizarase en aproximadamente quince días, mentres que as labores dos operarios do concello dilatarase máis no tempo.

Esta posta a punto nas estradas fenesas vai ser complementada, tal e como facía saber o edil de servizos, co repintado de pasos de peóns e das prazas de minusválidos, que tamén comezará a partir da vindeira semana.


Aviso legal | Accesibilidade | RSS

Concello de Fene. Avda do Concello s/n. Teléfono 981 492 707
© Fene Cidadán 2006

Fene Concello

Subvencionado por:
Xunta de Galicia. Consellería de Innovación e Industria. Dirección Xeral de Promoción Industrial e da Sociedade da Información