Fene cidadán

Saltar menú

Goberno Municipal

O Concello encabeza as queixas veciñais sobre a calidade do traballo nas obras da EDAR ao seu paso por Fene

22 de marzo de 2010 A realización dos traballos está deixando en mal estado varias estradas de Barallobre e Maniños.

O Alcalde transmitiu as queixas á Xunta, e técnicos da Deputación foron chamados para que controlen o traballo.

Dende o Concello de Fene quérese facer pública a queixa, que comparten con veciños e veciñas, sobre a calidade das obras que se están realizando en estradas de Maniños e Barallobre.

Estes traballos forman parte da obra que instalará a EDAR en Chanteiro, que dará servizo a Fene, Ares e Mugardos, e que ao seu paso polo municipio fenés está creando un malestar polo estado no que están deixando a estrada unha vez instaladas as tubaxes.

Puentes xa dirixiu á Xunta as queixas propias e as vertidas por veciños e veciñas no Concello, coa fin de que o firme retirado para a instalación das tubaxes volte a recuperar o bo estado no que se atopaba antes da intervención da empresa executora das obras.

Así mesmo, o rexedor solicitou a visita de técnicos da Xunta e da Deputación á zona para controlar como se está desenvolvendo este traballo.


Aviso legal | Accesibilidade | RSS

Concello de Fene. Avda do Concello s/n. Teléfono 981 492 707
© Fene Cidadán 2006

Fene Concello

Subvencionado por:
Xunta de Galicia. Consellería de Innovación e Industria. Dirección Xeral de Promoción Industrial e da Sociedade da Información