Fene cidadán

Saltar menú

Concellería de Cultura e Ensino

Actividades da Biblioteca para o mes de marzo

5 de marzo de 2009

Do 6 ao 27 de marzo a Bilioteca Pérez Parallé ofertará actividades para tódolos gustos e idades.

O día 6 de marzo, a partir das 09:00 da mañá, colexios, colectivos e mulleres de Fene se achegarán a ler na Maratón de Lectura organizada con motivo do Día da Muller Traballadora, actividade organizada en colaboración con Servicios Sociais.

O 17 de marzo,ás 18:30, os nenos e nenas maiores de 3 anos que desexen participar, poderán asistir á lectira de contos e lendas con sombras chinesas narrados por Mª Inés Cuadrado titulado "Sombras a cores". A actividade terá unha duración de 50 minutos.

O 25 de marzo, ás 11:30, o alumnos/as de 1º e 2º de Educación Primaria do CEIP de Centieiras visitarán a Biblioteca para participar, da man de Marisa Irimia no "Xogo de Misterio das Conco Portas".

Para o 26 de marzo, a partir das 18:30, se realizará un "Obradoiro Expréss de Banda Deseñada". O curso estará impartido por Gochi,e todos aqueles nenos e nenas quedesexen participar deberán inscribirse previamente.

O 27 de marzo será o turno de María José Queizán, que dende as 19:00 será a encargada de pechar o ciclo de actvidades do Día da Muller Traballadora coa conferencia "O Traballo ten Xénero". 

Para as actividades nas que é necesaria a previa inscricion dirixíndose ao seguinte enderezo, ou ben chamando por teléfono:

Biblioteca Municipal de Fene

Avda. Conces, 20-22

15500 Fene (A Coruña)

Tlf.: 981-342302


Documentación

Aviso legal | Accesibilidade | RSS

Concello de Fene. Avda do Concello s/n. Teléfono 981 492 707
© Fene Cidadán 2006

Fene Concello

Subvencionado por:
Xunta de Galicia. Consellería de Innovación e Industria. Dirección Xeral de Promoción Industrial e da Sociedade da Información